Semana Europea de Vacinación 2017

A Semana Europea de Vacinación(EIW) celébrase cada ano en abril en toda Europa.
A finalidade é aumentar a concienciación da importancia da vacinación para a saúde e o benestar da poboación.

Taller de menopausia en Porriño

A Dra. Rosana Izquierdo, membro do grupo da Muller de AGAMFEC, participou no mes de marzo na conferencia organizada polo concello de Porriño (CIM ), dentro de ciclo MULLER e SAÚDE, co tema Menopausia. Trala exposición realizouse unha quenda de preguntas onde as asistentes expuxeron as súas dúbidas e reflexións.

19 de abril 2017 Día Nacional da Atención Primaria.

Baixo o lema “O Paciente no Centro… de Saúde” Toledo será escenario o 19 de abril da celebración do Día Nacional da Atención Primaria – A xornada promovida polo Foro de Médicos de Atención Primaria reivindicará os Centros de Saúde como lugar de atención aos cidadáns, tanto na súa tarefa asistencial, como preventiva ou de promoción …

19 de abril 2017 Día Nacional da Atención Primaria. Leer más »

Día Mundial da Saúde 2017

O tema da campaña para o Día Mundial da Saúde de 2017 é a depresión.

A depresión afecta a persoas de todas as idades e condicións sociais e de todos os países. Provoca angustia mental e afecta á capacidade das persoas para levar a cabo incluso as tarefas cotiás máis simples, o que ten en ocasións efectos nefastos sobre as relacións coa familia e os amigos e sobre a capacidade de gañarse a vida. No peor dos casos, a depresión pode provocar o suicidio, que actualmente é a segunda causa de morte entre as persoas de 15 a 29 anos de idade.