Cadernos en IBECS

Como sabedes, dende este ano a revista Cadernos de Atención Primaria está incluida en IBECS (http://ibecs.isciii.es), o que é un grande logro para unha revista realizada co esforzo altruista dos comités e da xunta directiva da AGAMFEC, así como de todos os autores que envían os seus traballos,  de todos/as que participan como avaliadores e, como …

Cadernos en IBECS Leer más »

Ven ás XXVI XORNADAS AGAMFEC en VIGO

Gustaríanos compartir contigo algúns destes videos de compañeiras e compañeiros animándote a compartir connosco bós momentos nas  XXVI Xornadas AGAMFEC: “Exerzamos como galegos”   Ainda nos  quedan algunhas  prazas. Lembra que os obradoiros teñen prazas limitadas! Podes consultar aquí o programa e reservar as sesións ás que prefires asistir completando o FORMULARIO DE INSCRICIÓN  

ASEMBLEA XERAL AGAMFEC

Convócase a todos os socios e socias da AGAMFEC á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar o vindeiro venres 29 de setembro de 2023 no MUSEO VERBUM de Vigo ás 19:30h. en primeira convocatoria e ás 20:00h. en segunda convocatoria coincidindo coas XXVI Xornadas AGAMFEC de Medicina Familiar e Comunitaria. Podes consultar a documentación a …

ASEMBLEA XERAL AGAMFEC Leer más »

Conferencia Internacional de Atención Primaria 2023

A Conferencia Internacional de Atención Primaria celebrarase en Astana o día 23 de outubro de 2023. Dende hoxe 4 de setembro, está creada unha plataforma con acceso a conferencias virtuais semanais que permitirán ás persoas que se rexistren compartir as súas ideas e coñecer as principais mensaxes a tratar na Conferencia Internacional de Astana, así …

Conferencia Internacional de Atención Primaria 2023 Leer más »

XXVI XORNADAS AGAMFEC en VIGO. MUSEO VERBUM

Está aberto o prazo de inscricións ás XXVI Xornadas AGAMFEC: “Exerzamos como galegos” que se celebrarán os días 29 e 30 de setembro en Vigo no MUSEO VERBUM en Av. Samil, 17, 36212 Vigo. Podes consultar aquí o programa e reservar as sesións ás que prefires asistir completando o FORMULARIO DE INSCRICIÓN Lembra que os obradoiros teñen prazas limitadas!

NOVO PRAZO DE ENVÍO DE COMUNICACIÓNS ÁS XXVI XORNADAS AGAMFEC

Con motivo dos problemas derivados da pasada incidencia na web de AGAMFEC, amplíase o prazo para enviar Comunicacións libres ás XXVI XORNADAS AGAMFEC de Medicina Familiar e Comunitaria: “Exerzamos como galegos!” Nova data límite para enviar o teu traballo: 4 DE SETEMBRO Tes toda a información e as normas de envío de resumos na plataforma …

NOVO PRAZO DE ENVÍO DE COMUNICACIÓNS ÁS XXVI XORNADAS AGAMFEC Leer más »

Descubre as XXVI Xornadas AGAMFEC

  Este 29 e 30 de setembro, descubre na marabillosa cidade de Vigo, unhas novas Xornadas Galegas de Medicina Familiar e Comunitaria Coa túa inscrición, poderás participar en obradoiros tan interesantes como os seguintes ( consulta o programa para máis información) Suicidio Adolescencia Risco Cardiovascular Violencia de Xénero Comunicación de Malas Noticias Ecografía pulmonar Arritmias …

Descubre as XXVI Xornadas AGAMFEC Leer más »

MENSAXE DE MÉDICOS E MÉDICAS DE FAMILIA QUE TRABALLAN EN SERVIZOS DE URXENCIAS HOSPITALARIAS E EXTRAHOSPITALARIAS DO SISTEMA NACIONAL DE SAÚDE

Autoría: Membros do Grupo de Traballo en Urxencias e Emerxencias da semFYC, profesionais especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria que desenvolven o seu exercicio profesional en servizos e puntos de atención de urxencias e emerxencias en toda España. Comunicado subscrito por: Grupo de Traballo en Urxencias e Emerxencias da semFYC, Xunta Permanente da semFYC e …

MENSAXE DE MÉDICOS E MÉDICAS DE FAMILIA QUE TRABALLAN EN SERVIZOS DE URXENCIAS HOSPITALARIAS E EXTRAHOSPITALARIAS DO SISTEMA NACIONAL DE SAÚDE Leer más »

Curso: A Ruta do paciente con Fibrilación Auricular

O noso referente de Cardioloxía Emiliano Fernández-Obanza pásanos información de este curso, no cal participa como docente. Nel poderemos actualizar coñecementos sobre Fibrilación auricular dende unha perspectiva global, debatir sobre problemas cotiáns na clínica e actualizar datos sobre o beneficio da anticoagulación en fibrilación auricular.

AMPLIADO PRAZO DE ENVÍO DE COMUNICACIÓNS

Amplíase o prazo para enviar Comunicacións libres ás XXVI XORNADAS AGAMFEC de Medicina Familiar e Comunitaria “Exerzamos como galegos!” Podes enviar o teu traballo ata o 21 de agosto! Tes toda a información e as normas de envío de resumos na plataforma online das Xornadas no seguinte enlace: COMUNICACIÓNS: XXVI XORNADAS AGAMFEC