Estimados compañeir@s, é un pracer para nós convidarvos ás XXVIII Xornadas AGAMFEC, que se celebrarán na Coruña os días 29 e 30 de maio do 2026. A imaxe escollida para estas xornadas “Os menhires pola paz” do escultor Manolo Paz parécenos moi representativa da cidade e ademais acércanos ao significado que ten ser médic@ de familia. Os menhires evocan a familia, evocan unha comunidade cohesionada e dan sentido de pertenza. A sua presenza modifica a paisaxe, creando unha dinámica propia entre terra, ceo e mar. Do mesmo xeito, a medicina de familia contribúe a cambiar a paisaxe dos pacientes, conversando con eles, coas súas familias e cos profesionais doutras especialidades que interveñen na sua saúde.
“O desafío de seguir coidando” é o lema escollido nesta ocasión, pois é para nós a gran prioridade como médicos de familia, aínda que hoxe en día é todo un desafío levalo adiante coa situación laboral que estamos a vivir.
Coa finalidade de actualizar coñecementos, mellorar as nosas habilidades e achegarnos ás novas realidades sociais que atendemos na consulta a diario, contaremos con obradoiros así como mesas de actualización clínica. Haberá tempo de debate para reflexionar, escoitarnos e pensar cara onde queremos que camiñe a Atención Primaria do futuro. Abordaremos o reto de cómo seguir escoitando e explorando os pacientes en tempos de intelixencia artificial, así como o noso traballo no ámbito rural e na comunidade.
Estas Xornadas son unha boa razón para que médicos e médicas de familia apaixonados pola atención primaria volvamos a estar xuntos.
Agardámosvos na Coruña
O Comité Organizador e Científico das XXVIII Xornadas AGAMFEC
COMITÉ ORGANIZADOR
Chus Cerecedo Pérez. CS Santa Cruz – Presidenta
Chelo Naya Cendón. CS Portadego. Culleredo.
Carlos Javier Rodiles Rios. CS Portazgo Culleredo
Ana Prada Vigil. CS Adormideras
Julia Manchado Enseñat. CS Santa Cruz.
Ana Dapena Cuiña. CS Abente y Lago.
Manuel Angel Dominguez Espejo. CS Laxe
COMITÉ CIENTÍFICO
Rosa Rodríguez Álvarez. Médica de Familia Xubilada. CS de Adormideras. A Coruña – Presidenta
Beatriz Villamarín Bello. CS Narón. Ferrol-A Coruña
Ana Belén Puga Bello. CS San Xosé A. A Coruña
Martín Menéndez Rodríguez. CS A Guarda. Pontevedra
Noemí Amaro Vázquez. CS Novoa Santos. Ourense
Noemí López Rey. CIS-Milagrosa Lugo
Francisco Javier Formigo Couceiro. Médico de Familia. Santiago de Compostela
Hassan Abdulkadir Asaad. Médico de Familia xubilado de HADO. A Coruña
Antonio de Vega Ventura. CS Vilanova de Arousa. Pontevedra.
_________
SEDE
Reitorado da UDC
Maestranza, 9
A Coruña 15001
_________
Entidades Colaboradoras: