XVII Ruta AGAMFEC: Fervenza de Cadarnoxo e Monte Iroite (Boiro)

0 102

Esta publicación tamén está dispoñible en: Español (Castelán)

Para conmemorar o día Mundial da Actividade Física e promocionar a saúde, a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC), organiza unha ruta de senderismo. Poderán participar nela os socios AGAMFEC e calquera persoa interesada en realizar exercicio físico ao aire libre.

RUTA FERVENZA DE CADARNOXO E MONTE IROITE (BOIRO)

XVII Ruta AGAMFEC: Fervenza de Cadarnoxo e Monte Iroite (Boiro)
XVII Ruta AGAMFEC: Fervenza de Cadarnoxo e Monte Iroite (Boiro)

DATOS DA RUTA

• Data: Domingo, 7 de abril de 2019.
• Punto de encontro: na propia Fervenza de Cadarnoxo (Boiro.
• Hora do encontro: 10.00 horas
• Tipo de ruta: circular
• Distancia: 14 Km
• Duración aproximada: 6 horas (inclúe descansos e xantar en ruta).
• Dificultade: baixa
• Recomendacións: levar roupa cómoda (chubasqueiro por si chove) calzado deportivo, auga e bocatas para a comida.

XVII Ruta AGAMFEC: Fervenza de Cadarnoxo e Monte Iroite (Boiro)
XVII Ruta AGAMFEC: Fervenza de Cadarnoxo e Monte Iroite (Boiro)

CÓMO CHEGAR
Atópase na parroquia de Moimenta, na estrada que une Boiro con Noia,
• Desde Boiro, DP-1105 ata desvío Aldea Cadarnoxo e alí está indicada a fervenza Cadarnoxo.
• Desde Noia, DP-1105 ata desvío Aldea Cadarnoxo e alí está indicada a fervenza Cadarnoxo

DESCRICIÓN DA RUTA
Atravesando a aldea de Cubelo na Serra do Barbanza moi preto do monte Iroite, atópase o regato da Graña que forma un espectacular conxunto de diferentes saltos de auga cun desnivel duns 50 metros de altura.
A catarata está situada á beira da estrada; desde alí faremos unha ruta circular penetrándonos na Serra do Barbanza, onde poderemos apreciar preciosa panorámicas de Ríalas de Arousa e Muros-Noia. Desde a fervenza comezamos a ascensión cara ao monte Iroite, primeiro por asfalto pero pronto por carreiros de terra entre eucaliptos primeiro e bosque autóctono a continuación. Chegaremos a unha canteira desde a que poderemos contenmplar unha fermosa vista de ríaa de Arousa. Continuaremos subindo ata a base militar EVA-10, alí unha pista levaranos ata a caseta de Iroite, onde teremos espectaculares vista da ría de Muros e Noia.

XVII Ruta AGAMFEC: Fervenza de Cadarnoxo e Monte Iroite (Boiro)
XVII Ruta AGAMFEC: Fervenza de Cadarnoxo e Monte Iroite (Boiro)

Circunvalando o monte, chegaremos a unha campa, cunha pequena lagoa e cabalos salvaxes e iniciaremos o descenso de novo cara a Cadarnoxo.

XVII Ruta AGAMFEC: Fervenza de Cadarnoxo e Monte Iroite (Boiro)
XVII Ruta AGAMFEC: Fervenza de Cadarnoxo e Monte Iroite (Boiro)

Deixa unha resposta

A súa dirección de correo electrónico non será publicada.

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies