RECANTO DO INSTRUTOR DE SOPORTE VITAL BÁSICO E DEA

Se eres Instrutor de Soporte Vital Básico e DEA do Programa ESVAP nesta sección atoparás a información e material para organizar e impartir un curso de Soporte Vital Básico ou Soporte Vital Básico + DEA do Programa ESVAP avalado polo “Consejo Español de RCP (CERCP)”.

  • PASOS A SEGUIR PARA ORGANIZAR UN CURSO DE SVB E DEA DO PROGRAMA ESVAP.

REQUISITOS PREVIOS:  SER INSTRUTOR DE SVB E DEA DE ALTA NO REXISTRO NACIONAL E AUTONÓMICO DEL PROGRAMA ESVAP. (O teu número de Rexistro de instrutor figura na marxe inferior dereita do teu diploma).

Para ser DIRECTOR do CURSO, ademáis: Ser Médico/a – Enfermero/a.

  1. Antes do curso: completa, con mínimo 1 mes de antelación, o formulario de solicitude de rexistro do curso no seguinte enlace:  FORMULARIO DE REXISTRO DE CURSOS ESVAP
  1. Podes indicar no apartado “Notas” o número de manuais de SVB se os precisas (tantos como número de alumnos). NO CASO DE NECESITAR ACREDITACION CFC (comisión de formación continuada, soamente necesario para sanitarios), HABERÁ QUE COMUNICALO CON 75 DIAS DE ANTELACIÓN.
  1. Durante o curso: Non esquezas que os teus alumnos completen a documentación que figura nesta páxina no apartado de MATERIAL DE PAPELERIA (Listado de asistencia, Ficha do Alumno, Enquisas de Satisfacción, Avaliación teórica…)
  1. Ao finalizar o curso: remite á secretaria de AGAMFEC por correo electrónico a secretaria@agamfec.com o Listado excel de datos alumnos e a Memoria Resumen según modelo que figura máis abaixo no apartado MATERIAL PAPELERIA xunto a documentación escaneada (Fichas de Alumnos, Listado de de firmas de asistencia, Datos da Avaliación Práctica, Avaliacións teóricas, Formulario I e Enquisas de satisfacción).
  1. AUTORIZACIÓN PARA O USO DE DESFIBRILADORES EXTERNOS AUTOMÁTICOS. Para que AGAMFEC tramite esta Autorización ante a Consellería tes que remitir debidamente completado e asinado o documento de SOLICITUDE DE CERTIFICACIÓN DE ACREDITACION INDIVIDUAL PARA O USO DE DESFIBRILADORES EXTERNOS SEMIAUTOMÁTICOS ( Formulario I)
  2. SE PRECISAS ALUGAR MATERIAL: con mínimo 1 mes de antelación consulta coa secretaría de AGAMFEC en secretaria@agamfec.com
  3. Enviar ao coordinador galego do Plan ESVAP o excel de datos de alumnos.

PREZOS AGAMFEC: 

Rexistro do curso: 15€ + IVE con diplomas en pdf incluidos ( ata 20 diplomas incluídos)

Con acreditación CFC: 250 €+ IVE con diplomas en pdf incluidos ( ata 20 diplomas incluídos)

Os diplomas en papel cobraranse a maiores do rexistro 2€ + IVE + Gastos de envío

Diplomas en pdf ( cuando superen os 20 diplomas por curso) 1€ + IVE

LIBROS NOVOS 2015. Manuais de SVB+DEA, SVA e SVI, Guías ERC. Edición 2015.
SVB+DEA: 9€ + IVE + Gastos de envío

MATERIAL de PAPELERIA

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies