XXVI Xornadas AGAMFEC – AGAMFEC
Querid@s compañeir@s, dámosvos a benvida a estas Xornadas de AGAMFEC en Vigo. Queriamos mostrarvos na portada a Ría de Vigo; que esconde galeóns de ouro traídos das Américas, pode presumir de ter unha das mellores pontes do mundo e é unha das zonas máis ricas en cultivo de mexillóns grazas ás súas singulares características. Ademais de albergar unhas preciosas illas que podemos presumir de que teñen unha das mellores praias do mundo.
Do mesmo xeito que a ría de Vigo; os médicos de familia temos o gran tesouro perdido entre a moda das subespecilizaciones emerxentes: estamos dotados de aptitudes para poder valorar ao paciente de forma global, trazamos pontes e tecemos unha rede entre o noso propio equipo, formado por diversas categorias (enfermeria , fisioterapia, nutricionista…) e cos nosos compañeiros de hospitalaria, e grazas á nosa abordaxe integral podemos previr, diagnosticar, tratar e paliar. Que hai máis bonito que iso?
Esperamos estas xornadas vos axuden a ser mellores médicos, pero estamos convencidos de que sodes como á Ría de Vigo, difíciles de superar 😉
Comité Organizador das XXVI Xornadas AGAMFEC: Exerzamos como galegos

 

Comité Organizador

 
Clara Guede Fernández     PRESIDENTA
Olga Villar Moreira      VICEPRESIDENTA
Carlos Gabián Pereira       SECRETARIO
Xiana Rodríguez Villalón   
Irene Valle González       
Marta López Filloy      
Yngrid Del Villar Guerra  
Yolanda Fernández Veiga   

_________

Entidades Colaboradoras:

 

 

 

 

Datos de Contacto

AGAMFEC
Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria

e-mail: secretaria@agamfec.com
T +34 634470960 de 10: 00 a 13:00 de L-V

Acreditación
Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies