Xornada Local sobre Violencia de Xénero. Baiona 24 de novembro de 2016

Xornada Local sobre Violencia de Xénero

Baiona 24 de novembro de 2016. Parador Conde de Gondomar

A violencia contra a muller é un problema de saúde pública e de dereitos humanos.
Somos profesionais de Atención Primaria e grazas ao noso achegamento á poboación, atención lonxitudinal no tempo e a facilidade para actuar de xeito coordinado con outros servizos, atopámonos nun lugar privilexiado para detectala.
Dispomos de directrices de actuación no ámbito sanitario que orientan as nosas actuacións e debemos de ter a capacidade para identificar os sinais propios destas situacións e responder de maneira adecuada e segura.

A nosa compañeira  Dona Rosana Izquierdo Fernández. Médica de Familia do Centro de Saúde de Coruxo e Coordinadora do Grupo de traballo sobre Violencia de xénero falara sobre a VIOLENCIA DE XÉNERO NO ÁMBITO SANITARIO

O programa consta dos seguintes obradoiros

  • Obradoiro A: A necesidade da perspectiva de xénero como liña transversal na intervención no ámbito social. Dona Julia García Álvarez. Coordinadora Técnica do Programa Municipal de atención a mulleres en situación de Violencia de xénero do Concello de Fuenlabrada.
  • Obradoiro B: Violencia de Xénero: Boas Prácticas no ámbito xurídico. Dona Mª Paz Filgueira Paz. Maxistrada do Xulgado de Violencia sobre a Muller nº 1 de Vigo.
  • Obradoiro C: Violencia de Xénero no ámbito sanitario. Dona Rosana Izquierdo Fernández. Médica de Familia do Centro de Saúde de Coruxo  e Coordinadora do Grupo de traballo sobre Violencia de xénero na Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria

Inscrición Xornada Local sobre Violencia de Xénero

  • Vía e-mail: xornadasbaiona.24n@gmail.com
  • Centro Municipal de Información á Muller de Baiona
  • Chamando aos teléfonos: 986377794 ou 986 357554

Descarga aqui o boletin de inscricion 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies