X RUTA AGAMFEC: Sendeiro da Fraga do Barragán

Data: Sábado 18 de octubre de 2014

Hora de encontro: 10.00 horas

Punto de encontro: Praza de Wenceslao Verde, Xunqueiras (Pazos de Borbén)

Finaliza no punto de partida (circular):   Si

Recomendacións: levar roupa cómoda (capa de choiva en caso de choiva) auga e bocatas. Un Consello: en caso de choivas intensas, é imprescindible o emprego de botas de trekking, xa que as estradas convírtense en lodazáis.
Ó ter un circuito circular con tre saídas posibles, a súa lonxitude non representan unha ameaza para os que consideran que o itinerario pode ser moi longo para as súas posibilidades.

O camiño dá Fraga do Barragán está ligado á auga e ó seu aproveitamento. Visitaremos unha fantástica fraga con carballos centenarioas mesturados con outras especies, que pode ser considerada coma a máis importante fraga oceánica estacional caducifolia da provincia de Pontevedra. Ademáis o camiño amosa elementos etnográficos e culturais coma levadas, muiños, corredoiras, pontes e pontellas, muros de toda clase, estradas enlousadas, un acueducto e coma broche final os restos de “A Cidade”, construída sobre un castro, ó longo dun foso xunto con algunha casa reconstruída, unha lección de arquitectura civil que resiste a proba do tempo.

Se queredes unha descrición máis detallada da ruta recomendámosvos consultar as seguintes webs:
http://www.sendadobarragan.com/

http://conbotasybaston.com/prg164/prg164.html

Descargar a información da ruta

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies