Vigueses distinguidos 2019

En nome dos meus compañeiros, quero agradecer á corporación viguesa esta distinción.

Aceptámola, á marxe de calquera posicionamento político, como recoñecemento ao labor de todos os profesionais de Atención Primaria. Recoñecemento que ninguén manifestara, ata este momento, a profesionais que co seu sobresforzo diario manteñen a calidade da asistencia no nivel sanitario máis próximo ao cidadán.

Lamentamos que o noso recoñecemento fose a causa de que un grupo municipal teña abandoado o pleno, sen manifestar a súa posición sobre a nosa distinción.

O noso incómodo conflito é duns profesionais que tentan que a sociedade e os nosos políticos, sensibilícense sobre un problema real, a situación da Atención Primaria.

Non é un problema de médicos e enfermos. É un problema de toda a sociedade, xa que todos nalgún momento das nosas vidas, necesitaremos facer uso do sistema sanitario público.

É responsabilidade de todos, que o noso sistema sanitario público ofreza unha atención digna e de calidade.

JJ de SS dimitidos.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies