Unha App para a Dependencia

En Abril de 2015,  nace a primeira aplicación móbil de dependencia (App de Dependencia), unha aplicación para teléfonos móbiles desenvolvida por Telefónica para o Instituto de Maiores e Servizos Sociais. O ministro referiuse a este recurso na clausúra da xornada sobre aplicacións móbiles nos coidados de longa duración, celebrada na sé do Imserso.

“Queremos incentivar ás persoas en situación de dependencia e ás súas familias a participar de forma activa en mellórar a súa saúde. Acompañar, informar, dar apoio, facer partícipes e dar autonomía ás persoas maiores e aos dependentes”, explicou o ministro de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, Alfonso Alonso.

O ministro asegurou que hoxe temos “máis vida”, máis tempo de vida que fai unhas décadas, pero isto tamén implica unha maior necesidade de mellorar a prevención e os coidados, tamén incorporando as novas tecnoloxías.

Por iso, esta aplicación nace para dar unha resposta mellorada ás necesidades, economizando tempo, desprazamentos e recursos. Así mesmo, contribúe a eliminar barreiras e facilitar o coidado, combinando acceso á información administrativa con consellos prácticos e testemuños.

Na súa intervención, Alonso subliñou o “compromiso do Goberno” coas persoas dependentes, con discapacidade e coas persoas maiores. Neste sentido, anunciou a próxima aprobación do Marco de Actuación para as Persoas Maiores, que “fortalecerá os seus dereitos individuais e sociais como parte activa e indispensable da sociedade”.

En canto ao Sistema de Atención á Dependencia, o ministro asegurou que durante esta Lexislatura conseguiuse facelo “máis xusto e solidario, garantindo a calidade e a sostenibilidad, mantendo os dereitos e simplificando a normativa”.

Para concluír, Alonso apostou por “unha atención integral, mellorada, máis efectiva e universal”, ademais dun reforzo na prevención, para conseguir un maior benestar e un envellecemento activo da poboación.

Unha App para a Dependencia

A aplicación móbil de Dependencia, de descarga gratuita para todo tipo de teléfonos móbiles (tanto para sistemas operativos iOS como Android), está dirixida principalmente a coidadores da contorna familiar de persoas en situación de dependencia e responde á necesidade de estar máis preto dos cidadáns, ser máis transparentes e prestar mellores servizos. O obxectivo da App Dependencia é a creación dun modelo de comunicación que se adapte ás necesidades actuais dos cidadáns. Os seus destinatarios son as persoas dependentes ou os seus familiares cuidadores.

Podes descargar gratuitamente esta App nun dispositivo móbil desde Google play ou a App Store

O contido móstrase a través do seu menú principal, composto por catro apartados; a persoa que se descargue esta aplicación pode, mediante breves e amenos videoclips obter consellos sobre:

  • Coidados da persoa dependente, por exemplo, movilización, transferencias da cama á cadeira, subir e baixar escaleiras, o aseo ou as comidas.
  • Consellos respecto ao fogar e adaptacións: acceso á vivenda, mobiliario adecuado, iluminación idónea, organización da cociña, disposición do dormitorio, o botiquín, prevención de caídas ou outros accidentes.
  • Consellos para o coidado dos cuidadores, tanto físico como emocional: quentamento, estiramentos ou relaxación, ademais da superación do estrés, e a ansiedade.
  • Enlaces a vídeos de organizacións como Cruz Vermella, ou administracións públicas.
  • Testemuños de persoas maiores en situación de dependencia ou con enfermidades neurodexenerativas.
  • Información sobre os servizos e prestacions do Sistema de Atención á Dependencia previstos na Lei (teleasistencia, axuda domiciliaria, centros de día, residencias) tamén expostos mediante vídeos.
  • Tamén información e enlaces para tramitación de solicitudes polos órganos xestores das Comunidades Autónomas.

 

fonte

http://www.dependencia.imserso.es/

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies