TALLER DE ECOGRAFÍA UROLÓXICA. A Coruña.

Centro de Saúde de Elviña – Mesoiro

29 de Maio de 2017

16:30 h – 20:30 h

A ecografía é unha técnica non invasora que cada día está máis presente na actividade clínica do médico, permitindo en moitos casos diagnosticar o paciente e noutros orientar o seu manexo diagnóstico e terapéutico. A imparable evolución tecnolóxica facilitou que poidamos dispoñer de equipos ecográficos nos Centros de Saúde e incorporar esta potente ferramenta ao noso amplo quefacer asistencial.
Os médicos que conformamos o Grupo de Traballo de Ecografía vimos utilizando esta técnica na nosa práctica habitual dende hai máis de 15 anos. O considerable esforzo formativo e asistencial que supón viuse compensado co incremento da capacidade resolutiva na consulta e cunha maior satisfacción profesional. Paralelamente desenvolvemos múltiples actividades docentes con residentes de Medicina de Familia e con médicos xerais contribuíndo á difusión e uso axuizado deste instrumento diagnóstico.
Os obxectivos principais do Grupo son:
• Compartir os coñecementos e experiencia acumulados polos seus membros
• Impulsar o uso da ecografía en Atención Primaria.
• As actividades propostas oriéntanse á docencia en forma de talleres e seminarios, á formación continuada (publicacións, ferramentas web, foro) e á investigación.
OBXETIVOS
Aprendizaxe de técnica de exploración ecográfica na Uroloxía
Indicacions e utilidade da ecografía nas principais patoloxías urolóxicas
Criterios de manexo e derivación na HBP
METODOLOXÍA
Rotación polas 4 estacións ( Ril e Vexiga, Próstata, Escroto e HBP)
Duración 45´
Sinxela descrición da ecoanatomía e técnica exploratoria ecográfica
Práctica co modelo
Discusión con casos clínicos – ecográficos

Mais informacion e programa premendo aqui

 

Autor/es

*

Top
Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR