INFORMACION COVID 19 AGAMFEC

Organización dos Servizos de Atención Primaria na vindeira fase COVID-19

Estamos a vivir nos centros de saúde, entre os profesionais e na sociedade un intenso debate sobre a resposta do sistema sanitario e social ante a epidema COVID-19. Pronto deberemos afrontar unha nova fase na que, de forma progresiva, diminuirá a presión da COVID-19 e deberemos recuperar a organización previa, coa aprendizaxe conseguida desta

Dende a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria queremos facilitar esta evolución na Atención Primaria. Para isto, neste documento tratamos de ordear a información máis destacábel, tanto elaborada por nós mesmos, como por outros organismos oficiais e sociedades científicas.

Estrutúrase seguindo os aspectos que consideramos esenciais: Organización interna dos servizos, manexo da COVID-19, codificación e seguemento de contantos, atención a pacientes crónicos, atención a colectivos vulnerábeis,  atención a centros sociosanitarios e atención á comunidade.

Ademáis, somos conscientes de que que, necesariamente, esta organización deberá ser flexible polas diferentes situaciones epidemiolóxicas e de recursos en cada un dos servizos de AP. 

E como exemplo desa flexibilidade, pese a que vos deixamos unha versión en PDF, supoñemos que logo quedará desactualizada, así que se queredes consultar a última versión, terédela sempre dispoñible no seguinte enlace

Organización Servizos segunda fase COVID-19


Como parte desta reorganización, e ademais deste, vimos elaborar unha serie de documentos propios sobre:

  • Algoritmo de manexo de COVID en Atención Primaria ( manexo de contactos, enfermidade leve, alta de Urxencias e alta hospitalaria TODO no mesmo algoritmo)
  • Manexo do caso posible en CDS e PAC
  • Recomendacións sobre centros sociosanitarios

Podedes atopar estes documentos máis recentes, ademáis de enlazados no doc de Organización de Servizos, no seguinte enlace, e por suposto, en DOCUMENTOS AGAMFEC

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies