A decisión de ser titor ten una dobre vertente. Por unha banda, intentar inculcar ós nosos residentes e estudantes coñecementos, de xeito práctico, de todo aquelo que na teoría parece moi sinxelo. Por outro lugar, ocupar unha parte do noso quefacer diario nun compañeiro en formación, o cal, coa actividade diaria, non sempre é de todo
sinxelo e factible.
A AGAMFEC proponse, con estas I Xornadas de Titores, abrir un foro de debate e de aprendizaxe que enriquezca e fomente a complexa labor de ser titor, labor moitas veces minusvalorada polas institucións, que non a recoñecen como o que é: una parte máis do perfil (cando menos lexislativamente falando) do médico do Sistema Público de Saúde, e tamén do Médico de Familia.
Por todo o comentado, e co fin de propor unha xornada aberta a tódalas e tódolos médicos da nosa Especialidade, sexa cal sexa o seu ámbito de traballo, a AGAMFEC quere pór en marcha esta actividade para mellorar, na medida do posible, a nosa labor diaria de titores
INSCRIPCIÓN de balde online en: xornadadetitores@agamfec.com
Consulta o programa no arquivo adxunto
Jesús Sueiro Justel
Presidente da AGAMFEC