GRUPO DE MEDICINA RURAL
       
     
RESPONSABLE DO GRUPO:
CONTACTO:
Mª Portal González Lorenzo portal.gonzalez.lorenzo@sergas.es
         
     
MEMBROS DO GRUPO:
  • Paula Ríos Lage
  • Celia Bouza Basoa
  • Mª Portal González Lorenzo
         
      PRESENTACIÓN E OBXECTIVOS DO GRUPO:
       
     

O grupo de traballo ten como principal obxectivo ser referente en Galicia no campo da Medicina Rural, medio no que desenvolven a práctica médica unha parte moi representativa dos médicos de Atención Primaria da nosa comunidade.

A aplicación das novas tecnoloxías no medio rural, a rotación rural dentro do programa da especialidade, as habilidades clínicas, o desenvolvemento profesional, etc...?.serán, entre outros, os obxectivos do grupo.

Xa que logo, poderiamos empezar preguntándonos:

. Sabemos cantos Médicos de Familia traballan nun medio rural?
. Investigar, cuantitativa ou cualitativa, publicar, como o facemos?
. Faille falta ao Médico Rural habilidades específicas? Faille falta unha formación específica?
. Como o podemos facer para non perder as habilidades clínicas traballando con poboacións pequenas?
. Realmente os indicadores asistenciais actuais, describen o traballo diario dos médicos rurais?
. É, certamente un destino dos novos médicos de familia ou o ven como segunda opción?
. Vese como unha etapa de paso na carreira profesional do médico?
. É o medio rural docente para un residente? Cantos titores e colaboradores docentes hai no medio rural?

. Motívalles aos residentes o medio rural?
         
         
      PUBLICACIÓN:
         
         
         
      MEMORIA 2010
      Reunión de Titores  e Colaboradores Docentes Rurais nas XV Xornadas de Medicina Familiar e Comunitaria. A Coruña, 12 de Novembro de 2010.