GRUPO DA DOR
       
     
RESPONSABLE DO GRUPO:
CONTACTO:

Gabriel Calvo Mosquera
Centro de Saúde de Serantes. Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria

         
     
MEMBROS DO GRUPO:

Mª Jesús López Pérez.
Centro de Saúde de Cedeira. Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria

Antonio Acevedo Prado
Técnico de Saúde da Área Sanitaria de Ferrol. Especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública

Amaia Foces Zaratiegui
Bellegrove Surgery; Kent. Inglaterra. Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria

Víctor del Río Vilas
Veterinary Advisor (Epidemiology) Londres. Licenciado en Veterinaria

Alexia Recarey Candocia
Centro de Saúde de Serantes. Residente da Especialidade Medicina Familiar e Comunitaria

Patricia Martínez Rodríguez
Centro de Saúde de Serantes. Residente da Especialidade Medicina Familiar e Comunitaria

Antonio Otero Peña
Centro de Saúde de Serantes. Residente da Especialidade Medicina Familiar e Comunitaria

Amparo González Cao
Diplomada en Enfermería

Lidia Pita Pardo
Centro de Saúde de Serantes. Residente da Especialidade Medicina Familiar e Comunitaria

Tamara Rego Rebiero
Especialista en Psicoloxía Clínica

Alejo Candocia Recarey
Médico Especialista en Rehabilitación

Ignacio Couselo Fernández
D.U.E.

Carmen Rodríguez Rivas
Especialista en MFeC

Galo Alberto Martínez Nieto
Residente de MFeC

Blanca Paulina Duarte Bermúdez
Residente de MFeC
         
     
PRESENTACIÓN E OBXECTIVOS DO GRUPO:

A dor en todas as súas modalidades é unha das patoloxías máis frecuentemente atendidas nas consultas de Atención Primaria, sabemos que ten unha prevalencia moi alta entre a poboación e que a dor crónica ten graves implicacións non so para aquelas persoas que a sofren, senón tamén para a sociedade en xeral, en termos tanto de saúde como económicos.

A propia sociedade é consciente da amplitude do problema, demandando que se adiquen tempo e recursos ao seu tratamento. Os xestores sanitarios están a ser máis sensibles, tendendo a abarcala coa implicación dos dous niveis sanitarios e xa se están a dar na nosa comunidade os primeiros pasos neste senso.

Entre algúns dos obxectivos a suliñar atoparíanse:
de promover a formación, a investigación a nivel da Atención Primaria,
a actualización das evidencias científicas no campo da dor,
a transmisión destas aos afiliados e médicos de A.P
e conquerir a interrelación con outras sociedades científicas sensibles a este problema.

Obxectivos xerais:

1.Asesorar a AGAMFEC e a SEMFYC no campo do diagnóstico e tratamento da dor.
2.Divulgar as evidencias científicas que vaian aparecendo velando pola calidade da produción científica.
3.Impeler a actividade científica e fomentar a investigación entre os médicos de familia
4.Colaborar coas Unidades Docentes de Medicina Familiar e Comunitaria de Galicia na formación dos médicos residentes da especialidade.
5.Colaborar cos órganos de expresión e difusión científica da AGAMFEC.
6.Establecer relacións e promover a colaboración con sociedades, do eido galego, estatal ou extranxeiro, que abarquen o estudio, diagnóstico e tratamento da dor.

ACTIVIDADES

1.Autoformación dos membros do grupo.
2.Participación en Congresos, Xornadas, Mesas de Debate…etc.
3.Desenvolvemento de liñas de investigación propias e publicación dos resultados obtidos.
4.Actualizacións periódicas de publicacións sobre o campo da dor.
5.Intentar estimular a relación coa Administración e Universidade

 

 
 
PUBLICACIÓNS:

 

 
ACTIVIDADES 2011

Actividades do Grupo da Dor 2011:

  • Presentamos unha ponencia sobre "A Dor en Galicia" (Gabriel Calvo Mosquera) na reunión levada a cabo no edificio do FEGAS en Santiago dentro do Proxecto Pain Europa. As conclusións finais das 6 comunidades que participamos nel serán uificadas nun único documento e que tras ser revisado novamente por nós se procederá á súa publicación nunha revista nacional. Tras esto será remitido como o proxecto español a este proxecto europeo.
  • Asistencia por varios membros do Grupo ao Congreso da Sociedade Galega da Dor e Coidados Paliativos onde tivemos unha reunión coa Presidenta e Secretaria desta sociedade asentando unhas bases iniciais de colaboración entre os nosos grupos, bases que serán definitivamente concretadas nunha próxima reunión a realizar en Santiago (pendiente de data)
  • Nomeamento do responsable do Grupo da Dor da AGAMFEC como moderador da Ponencia sobre Dor Neuropática que se expoñerá durante o congreso da AGAMFEC en Lugo
  • Reunión co Dr. Servando Garcia do Servicio de Anestesia del CHUAC para concretar os temas sobre os que disertaran os membros do Grupo da Dor da AGMAFEC no congreso europeo de Anestesia Rexional que se celebrará na Coruña en outubro de 2012
 
ACTIVIDADES 2010
  • 18-11-2010: Jornada Autonómica Dolor y Sociedad; Consellería Sanidade. Santiago de Compostela:  Ponencia: El dolor crónico en Atención Primaria.
  • 16-4-2010 Estudio Epidemiolóxico da dor entre as personas que viven nunha Residencia Xeriátrica. XXII Congreso da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía. Sanxenxo.
  • 16-4-2010 A dor e a súa influencia na calidade de vida. XXII Congreso da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía. Sanxenxo.
  • Febrero de 2010. Epidemiología del dolor en pacientes geriátricos institucionalizados. ¿Agudo o crónico?. II Congreso Nacional de Atención al Paciente Crónico. Santiago de Compostela.
  • Contacto co Catedrático da Facultade de Medicina de Santiago de Compostela, Dr. Carracedo, para realizar un estudio sobre a dor en colaboración co seu departamento.
  • Contacto co Presidente da Sociedade Española del Dolor para establecer relacións e colaboracións con esa sociedade
  • Contacto coa Presidenta da Sociedade Galega da Dor e Coidados Paliativos co mesmo fin.