Oferta de talleres
TALLER: "O ALCOL EN ATENCIÓN PRIMARIA DE SAÚDE"
Destinatarios: médicos e enfermeiras de Atención Primaria
Obxectivo: formar aos profesionais de Atención Primaria nos aspectos máis relevantes da atención aos pacientes con problemas de alcol e a súa prevención.
Contidos: Importancia do problema. Como previr?. Como intervir?. Cando e como derivar?
Duración: 4 horas (este taller ao ser o máis xenérico, é máis flexible en canto a horario de realización).
Metodoloxía: presentación de casos clínicos e discusión aberta sobre os mesmos
TALLER: "QUE DEBE SABER O MÉDICO DE FAMILIA SOBRE O ALCOL"
Destinatarios: médicos de Atención Primaria
Obxectivo: formar ao médico de familia en todos os aspectos da súa competencia en relación aos problemas relacionados co alcol
Contidos:
-Como preguntar e como cuantificar o consumo de alcol
- Criterios diagnósticos de consumo de risco e dependencia
- Intervención ante os consumos de risco
- Abordaxe da dependencia alcohólica. Que podemos facer nós e como derivar?
Metodoloxía: presentación de casos clínicos e discusión aberta sobre os mesmos
Duración: 20 horas
TALLER: " ABORDAXE DOS PROBLEMAS DE ALCOL: O DIAGNÓSTICO"
Destinatarios: médicos de Atención Primaria
Obxectivo: formar ao médico de familia no diagnóstico dos problemas de alcol e proporcionar as ferramentas que o facilitan.
Contidos:
- Como preguntar e como cuantificar o consumo de alcol
- Concepto de consumo de risco
- Ferramentas diagnósticas
- Como descartar dependencia alcohólica
Metodoloxía: presentación de casos clínicos e discusión aberta sobre os mesmos
Duración: 10 horas.
TALLER: "TRATAMENTO DOS PROBLEMAS RELACIONADOS CO ALCOL"
Destinatarios: médicos de Atención Primaria
Obxectivo: formar aos médicos de familia na forma de intervir ante un problema de alcol
Contidos:
- Principios da intervención motivacional adaptada ao alcol
- Obxectivos do tratamento
- Proposta de seguimento
- A derivación dos dependentes de alcol
- Desintoxicación ambulatoria
- Estratexias de redución do dano
Metodoloxía: presentación de casos clínicos e discusión aberta sobre os mesmos
Duración: 10 horas.
TALLER: "QUE DEBE SABER A ENFERMERÍA SOBRE O ALCOL?"
Destinatarios: enfermeiras de Atención Primaria
Obxectivo: formar ás enfermeiras de familia na abordaxe dos problemas de alcol
Contidos:
- Conceptos básicos de alcol, consumo de risco e dependencia alcohólica
- Como preguntar e como cuantificar o consumo de alcol
- Como intervir nos consumidores de alcol de risco
- A prevención do consumo de alcol
Metodoloxía: presentación de casos clínicos e discusión aberta sobre os mesmos
Duración: 10 horas
TALLER: "PAPEL DAS TRABALLADORAS SOCIAIS NO PROBLEMA DO ALCOL"
Destinatarios: traballadoras sociais do ámbito da saúde, tanto de Atención Primaria como de especializada.
Obxectivos: formar ás traballadoras sociais no problema do alcol
Contidos:
- Impacto social do problema do alcol
- Detección dos problemas de alcol
- Derivación
- Intervención na contorna do paciente con problemas de alcol
Metodoloxía: presentación de casos clínicos e discusión aberta sobre os mesmos
Duración: 10 horas.
OUTROS TALLERES:
Algúns dos contidos dos talleres relacionados anteriormente, realizáronse como talleres monográficos ante peticións concretas:
"Como realizar unha desintoxicación ambulatoria"
"Utilidade do AUDIT en Atención Primaria"
"Cuantificación do consumo de alcol: metodoloxía e finalidade"
"Especificidades da intervención motivacional no problema do alcol"
"Especificidades da intervención social no alcoholismo"
"Estratexias de redución do dano: que facer cando non se alcanza o obxectivo" "Como se pode previr e intervir en mozos de risco"
|