TÍTULO VIII:

APROBACIÓN DE REGULAMENTOS DE RÉXIME INTERNO. PARTICIPACIÓN EN ENTIDADES

Artigo 51. Dos Regulamentos de Réxime Interno e outra normativa

Os Regulamentos de Réxime Interno e outra normativa que poida aprobar a Xunta Directiva deben desenvolver as normas e principios contidos nos presentes Estatutos e aqueloutras materias non contempladas directamente non podendo ir, en ningún caso, en contra do estabelecido nos mesmos.

Artigo 52. Participación noutras entidades

1. A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria poderá constituir Fundacións sen fins lucrativos para o mellor desenvolvemento dos seus fins. O padroado de ditas Fundacións estará constituído pola Xunta Permanente,  ostentando o cargo de patrón en tanto se ostente o de membro da Xunta Permanente da Asociación. O cargo de patrón será necesariamente gratuito, sen prexuízo da posibilidade de ser reembolsados os gastos debidamente xustificados que o desempeño de ditos cargos ou funcións ocasione.

2. A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria poderá participar, xunto con outras entidades, en fundacións sen fins lucrativos se isto supón un mellor desenvolvemento dos seus fins. No padroado de ditas fundacións estará representada a Xunta Directiva a través dalgún dos seus membros. O cargo de patrono será necesariamente gratuíto, sen prexuízo da posibilidade de ser reembolsados os gastos debidamente xustificados que o desempeño de ditos cargos ou funcións ocasione.

3. A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria poderá constituir ou participar en federacións, confederacións, coordinadoras ou entidades similares, con fins sociais semellantes aos da Asociación.

4. A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria poderá participar, ou ser titular de participacións, en sociedades mercantís, mesmo de forma maioritaria, sempre que a titularidade das mesmas axude ao mellor cumprimento dos seus fins sociais e non supoña vulneración dos principios de actuación mencionados nos presentes Estatutos e na Lei de Asociacións.