TÍTULO V: DA FEDERACIÓNArtigo 46. Federación A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria está integrada na “Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria” (semFYC) xunto con outras sociedades autonómicas con personalidade xurídica propia e diferenciada, constituindo unha federación. As distintas sociedades ou asociacións federadas son autónomas entre si. A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria, como Sociedade Federada integrada na semFYC asume os dereitos e obrigas que como tal lle corresponden. A Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria poderá decidir libremente separarse da federación, mediante o correspondente acordo adoptado en Asemblea Xeral. |