GRUPO DE ALCOHOLISMO

COORDINADOR

Jacinto Mosquera Nogueira

Contacto: gdtalcoholismo

MEMBROS DO GRUPO

Carmen Guimeráns Freijeiro.
Psicóloga Unidade de Alcohol de Vigo

PUBLICACIONS

VER ARTIGOS DO GRUPO/RELACIONADOS →

XUSTIFICACIÓN

O Grupo de Alcol de AGAMFEC intenta desenvolver unha serie de actividades formativas que permitan aos profesionais da Atención Primaria en Galicia e, en particular, aos médicos de familia, manter unha formación continuada en relación cos problemas relacionados co consumo de alcol.
Esta actividade formativa desenvolveuse tanto en Congresos da especialidade, como nas Xornadas de Actualización SEMFYC, en Xornadas de Residentes, en cursos promovidos por FEGAS, en cursos promovidos pola Xerencia de Atención Primaria de Vigo, etc.

As últimas novidades sobre cuestionarios diagnósticos, a profundización en entrevista motivacional e a aparición dalgunhas novas terapéuticas farmacológicas, seguen facendo necesario o esforzo formativo para seguir introducindo na práctica clínica dos profesionais de Atención Primaria, as actividades preventivas e de tratamento referidas ao consumo de alcol.

CARTEIRA DE SERVIZOS

Oferta de talleres

TALLER: “O ALCOL EN ATENCIÓN PRIMARIA DE SAÚDE”
Destinatarios: médicos e enfermeiras de Atención Primaria
Obxectivo: formar aos profesionais de Atención Primaria nos aspectos máis relevantes da atención aos pacientes con problemas de alcol e a súa prevención.
Contidos: Importancia do problema. Como previr?. Como intervir?. Cando e como derivar?
Duración: 4 horas (este taller ao ser o máis xenérico, é máis flexible en canto a horario de realización).
Metodoloxía: presentación de casos clínicos e discusión aberta sobre os mesmos

TALLER: “QUE DEBE SABER O MÉDICO DE FAMILIA SOBRE O ALCOL”
Destinatarios: médicos de Atención Primaria
Obxectivo: formar ao médico de familia en todos os aspectos da súa competencia en relación aos problemas relacionados co alcol
Contidos:
-Como preguntar e como cuantificar o consumo de alcol
– Criterios diagnósticos de consumo de risco e dependencia
– Intervención ante os consumos de risco
– Abordaxe da dependencia alcohólica. Que podemos facer nós e como derivar?
Metodoloxía: presentación de casos clínicos e discusión aberta sobre os mesmos
Duración: 20 horas
TALLER: ” ABORDAXE DOS PROBLEMAS DE ALCOL: O DIAGNÓSTICO”
Destinatarios: médicos de Atención Primaria
Obxectivo: formar ao médico de familia no diagnóstico dos problemas de alcol e proporcionar as ferramentas que o facilitan.
Contidos:
– Como preguntar e como cuantificar o consumo de alcol
– Concepto de consumo de risco
– Ferramentas diagnósticas
– Como descartar dependencia alcohólica
Metodoloxía: presentación de casos clínicos e discusión aberta sobre os mesmos
Duración: 10 horas.

TALLER: “TRATAMENTO DOS PROBLEMAS RELACIONADOS CO ALCOL”
Destinatarios: médicos de Atención Primaria
Obxectivo: formar aos médicos de familia na forma de intervir ante un problema de alcol
Contidos:
– Principios da intervención motivacional adaptada ao alcol
– Obxectivos do tratamento
– Proposta de seguimento
– A derivación dos dependentes de alcol
– Desintoxicación ambulatoria
– Estratexias de redución do dano
Metodoloxía: presentación de casos clínicos e discusión aberta sobre os mesmos
Duración: 10 horas.

TALLER: “QUE DEBE SABER A ENFERMERÍA SOBRE O ALCOL?”
Destinatarios: enfermeiras de Atención Primaria
Obxectivo: formar ás enfermeiras de familia na abordaxe dos problemas de alcol
Contidos:
– Conceptos básicos de alcol, consumo de risco e dependencia alcohólica
– Como preguntar e como cuantificar o consumo de alcol
– Como intervir nos consumidores de alcol de risco
– A prevención do consumo de alcol
Metodoloxía: presentación de casos clínicos e discusión aberta sobre os mesmos
Duración: 10 horas

TALLER: “PAPEL DAS TRABALLADORAS SOCIAIS NO PROBLEMA DO ALCOL”
Destinatarios: traballadoras sociais do ámbito da saúde, tanto de Atención Primaria como de especializada.
Obxectivos: formar ás traballadoras sociais no problema do alcol
Contidos:
– Impacto social do problema do alcol
– Detección dos problemas de alcol
– Derivación
– Intervención na contorna do paciente con problemas de alcol
Metodoloxía: presentación de casos clínicos e discusión aberta sobre os mesmos
Duración: 10 horas.

OUTROS TALLERES:
Algúns dos contidos dos talleres relacionados anteriormente, realizáronse como talleres monográficos ante peticións concretas:
“Como realizar unha desintoxicación ambulatoria”
“Utilidade do AUDIT en Atención Primaria”
“Cuantificación do consumo de alcol: metodoloxía e finalidade”
“Especificidades da intervención motivacional no problema do alcol”
“Especificidades da intervención social no alcoholismo”
“Estratexias de redución do dano: que facer cando non se alcanza o obxectivo”
“Como se pode previr e intervir en mozos de risco”

PUBLICACIONS

MEMORIAS DE ACTIVIDADES

Memoria actividades 2019:

  1. Grupos de traballo institucionais:
      • Participación en el Grupo QoLE (Calidad de vida y economía de la salud) del Instituto de investigación sanitaria Galicia Sur.
      • Colaboradores docentes de:
        • Programa PIR (Psicologos/as internos residentes)
        • Programa MIR de Medicina Familiar y Comunitaria.
        • Programa Practicum de la Facultad de Psicología de la USC
        • Máster de Psicología General Sanitaria de la USC
  1. Ponencias:
      • Taller “Detección e manexo dos problemas relacionados co alcol na Atención Primaria de Saúde” nas XIX Xornadas de residentes de Medicina Familiar e Comunitaria de AGAMFEC.
      • Taller “Detección y manejo de los problemas relacionados con el alcohol en la Medicina del Trabajo” 25/9/2919 Aula docente Hospital Álvaro Cunqueiro.
      • Ponencia “Retos actuais e futuros da atención sociosanitaria: Visión dende a Atención Primaria de Saúde” no Curso de Verán Economía e saúde: a avaliación económica de intervencións sanitarias da USC 3-5 de xullo, Santiago de Compostela

Memoria de actividades 2017:

I. Grupos de trabajo institucionales

  • Participación en el Grupo de trabajo “Estrategia para un consenso en la búsqueda de evitar el consumo de alcohol en menores de edad” de la Consellería de Sanidade.

II. Ponencias:

  • Ponencia ” Abordaje, detección y tratamiento de problemas de alcohol en Atención Primaria” en la Reunión Científica sobre “Abordaje del consumo de alcohol en Atención Primaria” celebrada el 7/7/17 en el Salón de Actos de la Consellería de Sanidade, organizada por SOCIDROGALCOHOL, AGAMFEC, SEMG y SEMERGEN
  •  Ponencia “Actualización en el papel de la Atención Primaria de Salud ante el problema del alcohol” presentada en Centros de Salud de la EOXI de Vigo.

III. Publicaciones:

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies