Día Mundial da Hepatite 2014

En maio de 2010, a Asemblea Mundial da Saúde decidiu designar o 28 de xullo como o Día Mundial da Hepatite en homenaxe ao descubridor do virus da hepatite B, o profesor Baruch Samuel Blumberg, galardoado co Premio Nobel, nacido nese día.

Un dia para analizar e recoñecer a importancia para a saúde pública que  representan as hepatites virais; e chamar a atención tanto a poboación como ós profesionais de saúde en todo o mundo nesta patoloxia e reforzar as medidas de prevención e control en todolos países. O primeiro Día Mundial da Hepatite celebrouse en 2011.

O tema do Día Mundial da Hepatite este ano é “Hepatite: Penseo de novo” Pero en anos anteriores foi “Esta máis preto do que pensas.” …

A campaña céntrase en aumentar a conciencia das diferentes formas de hepatite: o que son e como son transmitidas, quen está en risco, e os distintos métodos de prevención e tratamento.

Dado que a hepatite é unha doenza hepática viral que pode permanecer oculta, tanto pode causar unha enfermidade aguda como crónica. É unha enfermidade grave e xeneralizada, pero a maioría das persoas con infección crónica non son conscientes do problema e, polo tanto, non toman medidas para protexerse a si mesmos e aos demais.

A hepatite é moitas veces evitable, tratable e, por veces, curable. Para todo tipo de hepatite, agas a hepatite C, hai  vacinas eficaces dispoñibles.

Pese a iso, mata preto de 1,5 millóns de persoas cada ano.

En España, a partir do 1 de agosto, os Médicos poderemos recetar Simeprevir, un fármaco contra a hepatite C, que  según os Ensaios Clínicos, pode curar entre o 80 e o 90% dos pacientes con hepatite C.

Podes descargar este cartel: hepatite2014

Mais información en

http://www.who.int/campaigns/hepatitis-day/2014/event/es/

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies