GRUPO DE ECOGRAFÍA

COORDINADOR/A – GRUPO
Vicente Fernández Rodríguez 

Os grupos de traballo de Agamfec, son xunto coas vocalías, a alma da nosa sociedade. Son os seus membros os que fan a investigación, o ensino, e toman o pulso ás novas demandas dos cidadáns e da nosa profesión. Se está interesado en participar nun grupo, so ten que enviar un email o coordinador do mesmo.

MEMBROS DO GRUPO
  • Vicente Fernández Rodríguez 
  • Jesús M. Caeiro Castelao.
  • Ramón Veras Castro.

PUBLICACIONS

OBXECTIVOS

A ecografía é unha técnica non invasora que cada día está máis presente na actividade clínica do médico, permitindo en moitos casos diagnosticar o paciente e noutros orientar o seu manexo diagnóstico e terapéutico. A imparable evolución tecnolóxica facilitou que poidamos dispoñer de equipos ecográficos nos Centros de Saúde e incorporar esta potente ferramenta ao noso amplo quefacer asistencial.

Os médicos que conformamos o Grupo de Traballo de Ecografía vimos utilizando esta técnica na nosa práctica habitual dende hai máis de 15 anos. O considerable esforzo formativo e asistencial que supón viuse compensado co incremento da capacidade resolutiva na consulta e cunha maior satisfacción profesional. Paralelamente desenvolvemos múltiples actividades docentes con residentes de Medicina de Familia e con médicos xerais contribuíndo á difusión e uso axuizado deste instrumento diagnóstico.

Os obxectivos principais do Grupo son:

  • Compartir os coñecementos e experiencia acumulados polos seus membros
  • Impulsar o uso da ecografía en Atención Primaria.
  • As actividades propostas oriéntanse á docencia en forma de talleres e seminarios, á formación continuada (publicacións, ferramentas web, foro) e á investigación.

As actividades propostas oriéntanse á docencia en forma de talleres e seminarios, á formación continuada (publicacións, ferramentas web, foro) e á investigación.

TALLERES

1. ECOGRAFÍA ABDOMINAL E XINECOLÓXICA PARA RESIDENTES
Duración en horas: 53 horas.
Tipo de curso: Teórico-práctico con prácticas en modelo e pacientes reais.
Destinatarios: Residentes de 4º ano de Medicina de Familia.
Número de alumnos por curso: 10-15.
Obxectivo e programa do curso:
– Adquirir coñecementos básicos para a realización e interpretación de ecografías abdominal e xinecolóxica.
– Programa:
• Introdución. Ecografía normal. Ecografía patolóxica. Casos clínicos: 23 horas.
• Prácticas con modelo. Casos reais supervisados por titor: 31 horas
Necesidades do curso: Ordenador, Canón de vídeo, 2-3 ecógrafos, 2-3 padiolas, modelo, pacientes.

2. ECOGRAFÍA ABDOMINAL E XINECOLÓXICA: BÁSICO (MÓDULO I)
Duración en horas: 12 horas.
Tipo de curso: Teórico-práctico con prácticas en modelo.
Destinatarios: Médicos de familia, Residentes de MF e C, Estudantes de Medicina.
Número de alumnos por curso: 10-15.
Obxectivo e programa do curso:
– Adquirir coñecementos básicos da técnica ecográfica e da anatomía ecográfica normal de abdomen.
– Programa:
• Xeneralidades. Bases físicas. Semioloxía. Anatomía ecográfica. Ecografía normal: Fígado, VB, aparato xenitourinario, retroperitoneo, próstata.
• Prácticas con modelo.
Necesidades do curso: Ordenador, Canón de vídeo, 2-3 ecógrafos, 2-3 padiolas, modelo.

3. ECOGRAFÍA ABDOMINAL E XINECOLÓXICA: MEDIO (MÓDULO 2)
Duración en horas: 12 horas.
Tipo de curso: Teórico-práctico con prácticas en modelo e pacientes.
Destinatarios: Médicos de familia, Residentes de MF e C, Estudantes de Medicina.
Número de alumnos por curso: 10-15.
Obxectivo e programa do curso:
-Coñecer o rendemento diagnóstico da ecografía para o estudo da patoloxía abdominopélvica, a súa utilidade e as súas limitacións. Mellorar as habilidades técnicas para a realización da ecografía abdominal.
-Programa:
• Ecografía patolóxica: Fígado, VB, aparato xenitourinario, retroperitoneo, próstata.
• Prácticas con modelo e pacientes.
Necesidades do curso: Ordenador, Canón de vídeo, 2-3 ecógrafos, 2-3 padiolas, modelo, pacientes.

4. ECOGRAFÍA ABDOMINAL E XINECOLÓXICA: AVANZADO (MÓDULO 3)
Duración en horas: 12 horas.
Tipo de curso: Teórico-práctico con casos multimedia e pacientes.
Destinatarios: Médicos de familia, Residentes de MF e C, Estudantes de Medicina con experiencia en ecografía.
Número de alumnos por curso: 10.
Obxectivo e programa do curso:
– Afondar no coñecemento da patoloxía abdominal e xinecolóxica e o seu diagnóstico ecográfico mediante a discusión e análise de casos clínicos.
– Programa:
• Casos de ecografía patolóxica: Fígado, VB, aparato xenitourinario, retroperitoneo, próstata.
• Prácticas con pacientes.
Necesidades do curso: Ordenador, Canón de vídeo, 1 ecógrafo, padiola, pacientes.

5. ECOGRAFÍA MUSCULOESQUELETICA
Duración en horas: 8 horas.
Tipo de curso: Teórico-práctico con modelo .
Destinatarios: Médicos de familia, Residentes de MF e C, Estudantes de Medicina .
Número de alumnos por curso: 10-15.
Obxectivo e programa do curso:
– Adquirir coñecementos básicos para a realización e interpretación de estudos ecográficos de ombro e xeonllo.
– Programa:
• Introdución. Anatomía ecográfica normal do ombro e xeonllo. Ecografía patolóxica de ombro e xeonllo.
• Prácticas con modelo.
Necesidades do curso: Ordenador, Canón de vídeo, 2 ecógrafos, 2 padiolas, modelo.

6. ECOCARDIOGRAFÍA: MÓDULO I
Duración en horas: 5 horas.
Tipo de curso: Teórico-práctico con modelo.
Destinatarios: Médicos de familia, Residentes de MF e C, Estudantes de Medicina.
Número de alumnos por curso: 10.
Obxectivo e programa do curso:
– Adquirir coñecementos básicos para a realización e interpretación de estudos ecocardiográficos.
– Programa:
• Introdución. Técnica ecográfica: modos B y M. Doppler. Función cardíaca.
• Prácticas con modelo.
Necesidades do curso: Ordenador, Canón de vídeo, 1 ecógrafo, padiola, modelo.

7. ECOCARDIOGRAFÍA: MÓDULO II
Duración en horas: 8 horas.
Tipo de curso: Teórico-práctico con modelo e pacientes.
Destinatarios: Médicos de familia, Residentes de MF e C, Estudantes de Medicina.
Número de alumnos por curso: 10.
Obxectivo e programa do curso:
– Coñecer a utilidade da ecocardiografía no estudo da patoloxía cardíaca con especial énfase en situacións clínicas prevalentes en AP (insuficiencia cardíaca, disnea, síncope, etc).
– Programa:
• Casos clínicos multimedia: cardiopatía isquémica, valvulopatías, miocardiopatias, etc.
• Prácticas con modelo/pacientes.
Necesidades do curso: Ordenador, Canón de vídeo, 1 ecógrafo, padiola, modelo/pacientes.

8. ECOGRAFÍA XINECOLÓXICA ENDOVAXINAL
Duración en horas: 8 horas.
Tipo de curso: Teórico-práctico con casos multimedia e pacientes.
Destinatarios: Médicos de familia, Residentes de MF e C, Estudantes de Medicina.
Número de alumnos por curso: 15.
Obxectivo e programa do curso:
– Aprendizaxe da ultrasonografia transvaxinal e a súa aplicación para o estudo da patoloxía xinecolóxica.
– Programa:
• Introdución. Técnica ecográfica. Ecografía normal e patolóxica do aparato xenital feminino. Casos clínicos multimedia.
• Posibilidade de prácticas con pacientes .
Necesidades do curso: Ordenador, Canón de vídeo, 1 ecógrafo con sonda EV, padiola, pacientes.

9.ECOMIX: TIROIDE, ESCROTO, VASCULAR
Duración en horas: 8 horas.
Tipo de curso: Teórico-práctico con casos multimedia e modelo.
Destinatarios: Médicos de familia, Residentes de MF e C, Estudantes de Medicina.
Número de alumnos por curso: 10-15.
Obxectivo e programa do curso:
– Coñecer a utilidade da ecografía para o diagnóstico da patoloxía tiroide, escrotal e venosa
– Programa:
• Introdución. Técnica ecográfica. Ecografía normal e patolóxica do tiroide. Eco normal e patolóxica do escroto. Diagnóstico ecográfico da TVP.
• Prácticas con modelo.
Necesidades do curso: Ordenador, Canón de vídeo, 1-2 ecógrafos, padiola, pacientes.

MEMORIA GdT ECOGRAFIA AGAMFEC 2017

 

ACTIVIDAD DURACION FECHA ORGANIZA
Curso teórico-práctico de Ecografía para residentes 4º año de MFyC. 36 horas Abril 2017 a Enero 2018

A Coruña

Comisión de Docencia de MFyC de la EOXI de A Coruña
Taller de Ecografia Urológica para médicos de familia 4 horas A Coruña

29 Mayo

AGAMFEC- Glaxo
Circuito de adestramento en habilidades de ecografía para médicos de familia 4 horas  Ferrol

5 Octubre

ACIS
Habilifeira:  “Eco fast a pé de urxencia” 2 h Ourense

18 Noviembre

AGAMFEC (XXI Xornadas Galegas de Mfy C)
Habilifeira:  “Ecografia do ombro” 2 h Ourense

18 Noviembre

AGAMFEC (XXI Xornadas Galegas de MFy C)

PUBLICACIONS

  • Seis casos clínicos presentados en I Congreso Nacional de Ecografia General en Atención Primaria, celebrado en Madrid 5 y 6 de Marzo de 1999.
  • García Fernández AI, Abuín Rodríguez M. Paciente mujer de 68 años con dolor abdominal (S. de Wunderlich). Cadernos de Atención Primaria 2007;13(1):44
  • García Fernández AI, Abuín Rodríguez M, Ferreira Bouza M, Bartolomé Domínguez MJ. A propósito de un cólico renal. Cadernos de Atención Primaria 2007;13(3): 208
  • Ferreira Bouza M, Abuín Rodríguez M, García Fernández AI, Bartolomé Domínguez MJ. Ecografía: Utilidad en el diagnóstico de trombosis venosa profunda. Cadernos de Atención Primaria 2007; 14(1): 64-67.
  • García Fernández AI,Díaz Muiños F, Abuín Rodríguez M. Paciente mujer de 65 años con aumento de volumen de la glándula tiroides. Cadernos de Atención Primaria 2007;14(1):76-77
  • Fernández Rodríguez V, Graña Fernández, S, Ángel Barba I. Apuntes de Ecografía: Riñón (I) Cadernos de Atención Primaria 2008; 15(1): 44-48
  • Fernández Rodríguez V, Graña Fernández, S, Ángel Barba I. Apuntes de Ecografía: Riñón (y II) Cadernos de Atención Primaria 2008; 15(2): 161-66
  • Fernández Rodríguez V, Casal Méndez L, Graña Fernández, S, Ángel Barba I. Disfagia en mujer de 23 años. Cadernos de Atención Primaria 2008; 15(2): 172,174-75
  • Fernández Rodríguez V, Paz Martínez C, Gómez-Ulla Astray D, Graña Fernández, S . Apuntes de Ecografía: Higado (I): Cadernos de Atención Primaria 2009; 15(3):227-32
  • Fernández Rodríguez V, Paz Martínez C, Gómez-Ulla Astray D, Graña Fernández, S . Apuntes de Ecografía: Higado (II). Cadernos de Atención Primaria 2008; 15(4):305-10
  • Fernández Rodríguez V, Paz Martínez C, Gómez-Ulla Astray D, Graña Fernández, S . Apuntes de Ecografía: Higado (III): Lesiones focales. Cadernos de Atención Primaria 2009; 16(1):48-59
  • Fernández Rodríguez V, Paz Martínez C, Cabra Bellido MJ. Apuntes de Ecografía: Higado (y IV): Trastornos vasculares. Cadernos de Atención Primaria 2009; 16(3):222-24.
  • Curso de doutorado 2010: Incidencia de aneurisma en población hipertensa de un cupo de atención primaria en el c.s narón.
  • Fernández Rodríguez V, Cabra Bellido MJ, Graña Fernández S, Gómez-Ulla Astray D. Apuntes de ecografía: vesícula biliar y vías biliares (I). Cadernos de Atención Primaria 2010;17(1):30-39
  • Fernández Rodríguez V, Cabra Bellido MJ. ECOMATRIX. Solución na web: Febrícula, rectorragia e hipertransaminasemia. 2010;17(2):117

COMUNICACIONS

Implantación de la utilización de la ecografía en un centro de salud. Vicente Fernández Rodríguez, Salvador Pita Fernández, Sabela Graña Fernández, Isabel Ángel Barba, María Luísa Casal García. Comunicación oral. XIII Xornadas Galegas de Medicina Familiar y Comunitaria. Vigo 23-24 Maio 2008
Ecocardiografía en el ámbito de la Atención Primaria. Vicente Fernández Rodríguez, Salvador Pita Fernández, Sabela Graña Fernández, María Luísa Fernández Bujía. Comunicación oral. XIII Xornadas Galegas de Medicina Familiar y Comunitaria. Vigo 23-24 Maio 2008

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN

Cribado de Aneurisma de Aorta Abdominal en una población de riesgo. Vicente Fernández Rodríguez, Salvador Pita Fernández, Joaquín Serrano Peña, Jesús M Caeiro Castelao, Sonia Pértega Díaz. Unidad de Epidemiologia Clinica y Bioestadística. CHUAC. CS Os Rosales. CS Cambre. CS Elviña. A Coruña.

Emprego de cookies

Este sitio web emprega cookies para que poida disfrutar da mellor experiencia coma usuario. Se vostede continúa navegando, consinte e acepta as mencionadas cookies e a nosa política de cookies, Pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies